publicidade hoxe

O Concello das Pontes destina 70.000 euros aos traballos de mellora do pavillón deportivo do C.P.I Monte Caxado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+

O Concello de As Pontes fixo hoxe entrega á dirección do C.P.I Monte Caxado do remodelado polideportivo do centro educativo e que, nestas últimas semanas, foi obxecto de diferentes obras de mellora.

Tras dunha inversión próxima aos 70.000 euros e varias semanas de traballo, agora o pavillón deportivo de Monte Caxado é todo un exemplo de modernidade. De feito, este espazo xa dispón dunha nova aula de estudos que servirá para impartir os contidos teóricos da asignatura de educación física ao que se suman dous novos almacéns de material.

As melloras tamén afectaron ao espazo de vestiarios xa que ademáis de reformar os xa existentes para nenos e nenas, habilitouse un vestiario para árbitros e tamén dous espazos de aseo para as persoas discapacitadas. Como colofón procedeuse ao pintado do edificio.

Esta mesma mañá era o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o que se achegaba ata este centro escolar para visitar o resultado destes traballos xunto co director do propio centro educativo.

De feito, foi o executivo local o encargado de afrontar estas obras de mellora a cargo dunha subvención solicitada á Deputación da Coruña e que permitiu converter este espazo deportivo nun novo e moderno lugar onde os estudantes de monte caxado e tamén os usuarios habituais destas instalacións xa poden desenvolver as súas actividades deportivas nunhas condicións óptimas.

9 de decembro de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.