publicidade hoxe

Mesa redonda con escritores locais de Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

Mañá, xoves 12, a concellería de Cultura e Mocidade, a través do seu foro Vilaboa Comunicación, organiza unha mesa redonda cos escritores do Concello de Vilaboa, Alberte Blanco Casal, Manuel Lorenzo, Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Tomás González Ahola coa temática de como influíu e inflúe o Concello nas súas obras. O acto será ás 20.30h na Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres. Con anterioridade, a corporación local faralles unha recepción no Concello e a entrega do pin do institucional para que asinen no libro de visitas. Esta recepción será ás 19.30h.

11 de decembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.