publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 300 deportistas son premiados na VI Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCercedaDeportesFradesMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo
A-
A+
Foto de familia cos premiados

Foto de familia cos premiados

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou na tarde de onte a súa VI Gala do Deporte. O evento congregou a máis de 2.000 persoas que encheron a discoteca LP45 na vila de Ordes. Un acto co  que a Mancomunidade de Ordes quere recoñecer o traballo e esforzo dos seus mellores deportistas, os logros e éxitos acadados por eles, á par que se ensalzan e promulgan os valores que rexen a competición e a práctica deportiva en calquera eido. Así recoñécese a labor de deportistas e entidades que, ben pola súa traxectoria ou ben pola súa proxección tiveron un papel destacado nos concellos da comarca. Cada un deles fixo entrega de cinco galardóns, entre os que figura un para promesas deportivas e outro en recoñecemento para quenes contribuiron no fomento do deporte. Atletismo, natación, patinaxe, fútbol, xadrez, judo, tenis de mesa, taekwondo, hóckey, chave e tiro con arco, son as disciplinas premiadas este ano. En total máis de 300 deportistas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, subiron ao escenario para recoller o seu premio.

O presidente da Mancomunidade, Manuel Regos Boquete, foi o encargado de abrir o acto cun discurso no que agradeceu públicamente “a colaboración e o traballo conxunto que se fai por parte de todos os integrantes da Mancomunidade”. Un recoñecemento que quixo personalizar en cada un dos alcaldes “polo apoio que sempre mostran á hora de emprender proxectos en común e pola xenerosidade que este comportamento vén a demostrar”. Tras este momento arrancou a entrega de galardóns propiamente dita. Cada un dos premiados recibiron medallas, trofeos, agasallos e incluso vales para ser canxeados por material deportivo nos establecementos colaboradores. Para facer entrega de todo elo non só estiveron os alcaldes de cada municipio senón tamén acudiron varios dos seus concelleiros de áreas como Deportes, Ensino, Muller, Cultura, Promoción Económica, etc. Tamén acudiron á cita o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; o presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos; o campión de España de rallys de terra, Mario Ríos; así como o campión mundial de Triatlón, Iván Raña.

Conducindo a gala estiveron o xornalista local Pablo Quinteiro e a artista e cantante da parroquia de Beán Tania Veiras, quen despertou unha tormenta de aplausos tralas súas actuacións musicais. Para esta ocasión Tania interpretou a rancheira ‘Se problemas’, da cantante Ana Gabriel, e o tema de Luis Fonsi ‘Yo no me doy por vencido’.

LISTADO DE PREMIADOS

Concello de Cerceda

3º PREMIO:Novos cintos negros (judo)

2º PREMIO: Daniel González Eirís (xadrez)

1º PREMIO: Alevíns CCD Cerceda (fútbol)

PROMESA: Daniel González Eirís (xadrez)

 RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Cesáreo Leiro Parceiro (fútbol)

Concello de Frades

3º PREMIO:EDM de atletismo

2º PREMIO: Equipo de fútbol de veteranos Abellá

1º PREMIO: EDM de fútbol sala cadete

PROMESA: Rita Viqueira Cajaraville (patinaxe)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Castro Méndez (fútbol)

Concello de Mesía

3º PREMIO: Nerea Sánchez Grobas (atletismo)

2º PREMIO: Lucía Doval Sánchez (atletismo)

1º PREMIO:  Categorías inferiores do Visantoña Club de Fútbol

PROMESA: Gloria Iglesias Grobas (atletismo)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Directiva e colaboradores do Visantoña Club de Fútbol

Concello de Ordes

3º PREMIO: Escola municipal de tiro con arco

2º PREMIO: Escolas deportivas de taekwondo

1º PREMIO: Grupo Show Club Alquimia (patinaxe)

PROMESA: Andrea Castro Landeira (lanzamento de xavelina)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Jesús Maneiro Fandiño (chave)

Concello de Oroso

3º PREMIO: Sofía Zapata Fermín (taekwondo itf)

2º PREMIO: Equipo Fútbol Alevíns Escola Xuventude Oroso

1º PREMIO: Equipo Tenis de Mesa División de Honra Nacional

PROMESA: Bruno Saavedra Rodriguez (hockey a patíns e fútbol)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Manuel Ríos Rial (rally)

Concello de Tordoia

3º PREMIO: Alejandro Suárez García (natación)

2º PREMIO: Marta Rosende González (natación)

1º PREMIO: Martín Liste Viaño (atletismo)

PROMESA: Lucía Tasende Castro (patinaxe)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Susana Pena Varela(fútbol)

Concello de Trazo

3º PREMIO: Escolas Municipais Deportivas de Atletismo

2º PREMIO: Equipo categoría benxamín da Escola Municipal de Fútbol

1º PREMIO: Resmón Club de Fútbol

PROMESA: Manuel Vázquez Noya (fútbol)

RECOÑECEMENTO ESPECIAL: José Brea González(fútbol)

28 de decembro de 2013 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.