publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan en perfecto estado de saúde ao mozo desaparecido nun accidente en Aranga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArangaPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

O mozo desaparecido en Aranga (A Coruña) tras sufrir un accidente de tráfico co seu coche apareceu nun hotel da Coruña “en perfecto estado de saúde”, segundo informa o 112, tras a comunicación recibida por parte de axentes da Garda Civil.

O coche deste mozo tivo este fin de semana un accidente de tráfico ao chocar contra unhas árbores en Aranga, despois de saírse da vía. Con todo, ninguén se atopaba no vehículo cando foi localizado.

O accidente produciuse de madrugada -do venres ao sábado-, segundo explicou o rexedor de Curtis, Javier Caínzos, quen acudiu, tras coñecerse os feitos, á zona xunto a diversos efectivos de procura, así como o pai do novo.

En concreto, ás 12.00 horas deste sábado, a Garda Civil púñase en contacto co 112 para solicitar a participación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis nun operativo de procura.

Durante todo o día, axentes das Forzas da Orde e do GES rastrexaron o lugar do sinistro, nas Lagoas de Vilarraso, sen atopar indicios do seu paradoiro.

Tras reactivarse a procura este luns, a Garda Civil recibiu información sobre a localización do mozo nun hotel da cidade da Coruña, onde, finalmente, foi atopado.

30 de decembro de 2013 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.