publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Liberdade con medidas cautelares a detida por ameazar ao exalcalde de Manzaneda

E.P.

A muller detida en Pobra de Trives (Ourense) como presunta autora de cartas ameazantes recibidas polo concelleiro do PSOE en Manzaneda e exalcalde do municipio, Herminio Cereijo, quedou en liberdade con medidas cautelares, segundo informou este mércores a Garda Civil.

A veciña de Pobra de Trives arrestada como presunta autora dun delito continuado de ameazas e inxurias por escrito negou ante o xuíz ser a autora das cartas, a pesar de que a Garda Civil realizou un seguimento de meses e viuna cando as selaba en Castro Caldelas.

O edil socialista considera que a detida, M.A.F.C., de 53 anos, puido ser a autora das recibidas por el no último ano. “Tras romper pola miña banda a relación sentimental que nos unía, porque ela era moi posesiva, aínda que non se acabou a amizade, polo menos pola miña banda”, dixo.

Con todo, segundo dixo, non lle encaixa” ese comportamento coas demais cartas recibidas, até 150, desde fai cinco anos e dous meses, e con outros danos sufridos como “rascazos nun coche, pintadas nun enreixado e rodas picadas e nada disto encaixa con esta muller”, relatou.

“Un auténtico suplicio no que non me encaixa a detida pois as cartas de antes eran máis políticas con ameazas relacionadas con cousas de cando era alcalde”, indicou.

A ‘Operación Ideafix’ desenvolvida pola Garda Civil segue aberta e axentes, segundo Cereijo, explicaron no xulgado que moitas cartas non encaixan coa posible autoría da muller detida.

As cartas ameazantes comezaron a chegar a Cereijo na súa etapa de alcalde de Manzaneda en 2008, cando o PSOE gobernaba en coalición co BNG, e as motivacións políticas esgrimidas levaron entón á imputación de sete acodes, entre concelleiros e outras vinculadas ao labor político municipal, pero finalmente todas foron descartadas.

4 de decembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.