publicidade hoxe

Laxe acolle a conferencia “Petróleo: poder, economía e medioambiente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O Concello de Laxe acolle unha CONFERENCIA que terá lugar este venres 13 de decembro ás 20:30 horas no Salón de Actos Municipal de Laxe e que leva por título: “PETROLEO: PODER, ECONOMÍA E MEDIOAMBIENTE”.

Para o acto, contarase con dous letrados e recoñecidos conferenciantes: Emilio Menéndez (Enxeñeiro de Minas e Profesor da Universidade Autónoma de Madrid) e Carlos Taibo (Profesor tamén da mesma universidade). Ambos relatores, especializados en temas enerxéticos e mediambientais, achegarán ao auditorio un tema polémico coma é o do petróleo e o uso doutras fontes enerxéticas, mediante unha charla-coloquio que dará pé tanto a profundizar como a reflexionar e debatir sobre este tema e os modelos enerxéticos vixentes. Todo elo, motivado polo décimo aniversario do afundimento do Prestige nas nosas costas.

O sábado día 14 de decembro, coma vén sendo tradicional no Concello de Laxe, terá lugar a X EDICIÓN DO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS que organiza o concello en colaboración coa Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe e a Deputación da Coruña. Este ano participarán no programa a Coral Polifónica de Bergantiños (chegada dende Carballo) dirixida por Dona Gloria de los Ángeles Pardines Rojo e a nosa Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, dirixida por vez primeira neste festival por Don Isidro Caamaño Trillo.

Ambas corais, deleitaran cun programa composto por diferentes pezas musicais que na súa maior parte serán panxoliñas, máis ou menos coñecidas, tan propicias e típicas nestas datas do nadal. O acto terá lugar, como en anteriores edicións, na Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe ás 19:30 horas.

12 de decembro de 2013 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.