publicidade hoxe

Gran medalleiro dos viños de Monterrei na guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+

A Guía de Viño, Destilados e Adegas de Galicia 2014 fixo hoxe a súa parada na Denominación de Orixe Monterrei, reunindo nun acto celebrado en Vilaza ao seu autor, Luís Paadín, ao presidente do C.R.D.Ou. Monterrei, Antonio Anxo Méndez Atanes, e a unha ampla representación das adegas e o sector produtivo do D.Ou. que recibiron o corenta medallas: 8 de Gran Ouro, 18 de Ouro e 14 de Prata.

Luís Paadín, na súa intervención fixo alusión á importante evolución que está a experimentar  nos últimos anos esta nova denominación, que conseguiu situar os seus viños en altos estándares de calidade. Proba diso queda reflectida nesta guía, que en 2014 premia a 40 viños fronte aos 32 de 2013, véndose ademais incrementado o número de medallas de ouro e gran ouro que pasan de 14 a 26 na presente edición.

Pola súa banda, Antonio Anxo Méndez Atanes trasladou o seu parabén aos premiados, así como aos impulsores desta iniciativa pola súa contribución á promoción e ao maior coñecemento dos viños galegos.

17 de decembro de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.