publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o lume rexistrado na parroquia de Sabuguido, en Vilariño de Conso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVilariño de Conso
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dun incendio rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido.

O lume que comezou ás 18:09 horas da tarde de onte quedou finalmente extinguido ás 2:00 horas desta madrugada. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tras o parametrizado, a superficie afectada é de 20 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 3 axentes forestais, 4 brigadas e 1 motobomba.

9 de decembro de 2013 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.