publicidade hoxe

Este Nadal as compras en Salceda teñen premio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

As compras de Nadal en Salceda de Caselas teñen premio. Tal e como xa se ven realizando nestas datas, a Asociación de Comerciantes ACISA de Salceda, vai a repartir entre as persoas que fagan as súas compras nos locais integrantes, unhas participacións para entrar no sorteo de 15 vales de compra de 100 €, onde se lles require unha serie de datos a cumplimentar para poder participar no sorteo.

Será o domingo 5 de Xaneiro, cando se vai a realizar o sorteo por parte da ACISA coa Concelleira de comercio, Loli Castiñeira, unha vez remate a Cabalgata de Reis que será a encargada de amenizar a tarde dos máis cativos. O Comercio Local de Salceda de Caselas,convida a todos os veciños e veciñas e as persoas que se queiran achegar á nosa vila, a que fagan as súas compras en Salceda, onde as persoas poderán satisfacer a súa demananda en produtos navideños. Poderán aproveitar para disfrutar de todas as actividades que se ofertan dende o Concello de Salceda de Caselas para a celebración do Nadal.

16 de decembro de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.