publicidade hoxe

Elíxese o logo gañador do concurso da Fereración de Comercio da Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaFozLocal PortadaLourenzáLugoO VicedoRibadeoViveiroXove
A-
A+
Logo gañador

Logo gañador

Desde o martes 19 de Novembro, día en que se abría o prazo para a recepción de logos para representar a imaxe da Federación de Comercio da Mariña, foron numerosos os traballos recibidos.

Un total de 42 foron as creacións que os participantes enviaron ben por mail ou polos perfís das redes sociais. Nos seus traballos reflectíase o que para cada un significaba a Federación de comerciantes da Mariña, sendo a unión, a comarca, a M da Mariña e as compras as características que máis predominaron e empregaron os creadores nos seus deseños.

Difícil foi a elección para o xurado, que debía avaliar a creatividade, a innovación, a calidade artística e a mellor forma de plasmar o que representa a unión de todos os comercios da Mariña nun único ente. Finalmente o premio recaeu en David Rivas Pena, natural do Concello de Barreiros e que definía así a súa proposta:

“Partir dá idea dá bolsa como icona referente ao mundo dás compras, e amósase coma un todo formado por varias partes, que representarían as distintas ACIAS dá Mariña; ademáis ou movemento envolvente que xenera a bolsa reflicte ou proceso de evolución constante ao que se ve sometido ou comercio para satisfacer as esixencias do cliente de hoxendía.
Escóllese a cor azul por ser A Mariña unha comarca que vive cara ou mar.
Optar polas siglas para non facer unha marca excesivamente longa e desproporcionada, e preséntanse en azul as letras “AM” como iniciades dá comarca”

O premio serán 300€ en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación que son Ribadeo, Foz, Lourenzá, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.

Desde a Federación de Comerciantes da Mariña queremos dar o parabén ao gañador e as grazas a todos aqueles que participaron e esforzáronse en enviar uns traballos de tan boa calidade.

3 de decembro de 2013 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.