publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detidos tres persoas como presuntos atracadores dunha entidade bancaria na Merca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaSucesos
A-
A+
E.P.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Ourense, en colaboración coa Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Coruña, detivo tres homes como presuntos autores do roubo con intimidación producido este martes nunha sucursal bancaria da localidade da Merca.

En concreto, na tarde do xoves, a Garda Civil detivo a C.G.G., de 29 anos de idade, e H.M.M., de 46 anos, ambos veciños da Coruña. No establecemento de hostalaría dun dos detidos, situado na cidade herculina, a Garda Civil recuperou parte do botín, uns 10.000 euros.

Posteriormente, en torno á 1.30 horas da madrugada, os axentes detiveron tamén a R.R.M., de 57 anos e tamén veciño da Coruña, como presunto coautor do roubo.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9.15 horas do martes na sucursal situada na poboación da Manchica, no municipio da Merca, onde dous homes, con acento galego segundo as testemuñas, accederon á oficina de Novagalicia Banco armados.

Na sucursal había dous empregados e dous clientes. Os individuos, tras intimidar aos traballadores cunha pistola, levaron 50.000 euros e déronse á fuga nun vehículo.

20 de decembro de 2013 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.