publicidade hoxe

Deteñen a unha muller por ameazar ao exalcalde de Manzaneda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesLocal PortadaManzanedaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de O Barco (Ourense) detivo a unha veciña da localidade ourensá de Pobra de Trives por un delito de ameazas e inxurias por escrito mediante un “envío masivo de cartas” por correo postal ao exalcalde de Manzaneda e concelleiro socialista Herminio Cereijo Diéguez.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da denominada ‘Operación Ideafix’ foi detida ás 19,00 horas do martes 3 de decembro M.A.F.C., de 53 anos de idade e veciña de Pobra de Trives, como presunta autora dun delito continuado de ameazas e inxurias por escrito.

A detida está acusada de realizar un envío masivo de cartas por medio de correo postal desde marzo de 2008 ao exalcalde do Concello de Manzaneda e actual concelleiro Herminio Cereijo, de 55 anos de idade e veciño do citado municipio.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución da localidade de Pobra de Trives.

4 de decembro de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.