publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cuarto detido polo roubo da sucursal da Merca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

A Garda Civil detivo este venres a unha cuarta persoa pola súa suposta implicación no roubo a unha sucursal bancaria da Merca (Ourense), ocorrido o pasado martes. Segundo informou o Corpo, o último detido é J.A.G.A., de 51 anos e veciño da Coruña.

Na tarde do xoves, a Garda Civil detivo a C.G.G., de 29 anos de idade, e H.M.M., de 46 anos, ambos os veciños da Coruña pola súa implicación neste roubo. No establecemento de hostalaría dun dos detidos, situado na cidade Herculina, a Garda Civil recuperou parte do botín, uns 10.000 euros.

Posteirormente, ao redor da 1.30 horas da madrugada deste venres, os axentes detiveron tamén a R.R.M., de 57 anos e veciño da Coruña, como presunto coautor do roubo.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9.15 horas do martes na sucursal situada na poboación da Manchica, no municipio da Merca, onde dous homes, con acento galego segundo as testemuñas, accederon á oficina de Novagalicia Banco armados.

Na sucursal había dous empregados e dous clientes. Os individuos, tras intimidar aos traballadores cunha pistola, levaron 50.000 euros e déronse á fuga nun vehículo.

20 de decembro de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.