publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Atracan a punta de pistola unha sucursal bancaria na Merca e lévanse 50.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
E.P.

Dous homes atracaron este martes a punta de pistola unha sucursal bancaria no termo municipal da Merca (Ourense), da que levaron uns 50.000 euros.

Segundo a información facilitada pola Guardia Civil, os feitos tiveron lugar sobre as 9.15 horas nunha sucursal situada na poboación da Manchica, na Merca, pero non houbo persoas feridas.

Dous varóns con acento galego, segundo precisaron as mesmas fontes, accederon á sucursal de Novagalicia Banco, onde había dous empregados e dous clientes, e, tras intimidar os traballadores cunha pistola, leváronse 50.000 euros.

Os individuos déronse á fuga nun vehículo. A Guardia Civil estableceu un dispositivo para localizar e deter os autores do atraco.

17 de decembro de 2013 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.