publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio no Incio mentres se manteñen controlados os lumes de Cervantes e do Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaMuíñosO IncioPortada dereitaSucesos
A-
A+
E.P.

O tempo frío e seco dos últimos días facilita a expansión das lapas en toda Galicia, como acontece no parque natural do Xurés (Ourense) e no municipio lucense de Cervantes, onde senllos lumes están controlados segundo os últimos datos achegados pola Consellería de Medio Rural.

Mentres, ás 9.58 horas deste xoves comezou un incendio, que segue activo, en O Incio (Lugo), na parroquia de Mao. A superficie calcinada supera as 20 hectáreas e nas laboras de extinción participan un técnico, tres axentes forestais, unha brigada, dúas motobombas e un avión.

En Cervantes, o incendio comezou na parroquia de Noceda pouco despois da media noite e quedou controlado 10 horas despois tras queimar, segundo datos provisionais da Xunta de Galicia, 70 hectáreas, das cales 10 son arboladas e 60 de monte raso. Nos traballos de extinción participaron un técnico, seis axentes forestais, seis brigadas e tres motobombas.

Os datos oficiais sitúan varios incendios xa extinguidos no municipio coruñés de Mazaricos, na parroquia de Arcos, tras queimar 20 hectáreas; outro na parroquia lucense de San Martín de Lúa (Pol) que queimou 30 hectáreas en seis horas e un máis na de Amarante, do municipio lucense de Antas de Ulla, onde cinco horas de lapas queimaron outras 30 hectáreas de monte raso.

O máis daniño nos últimos días é o iniciado hai 40 horas no parque natural do Xurés, nos montes entre Alvite e Prado (Muíños), onde, segundo datos provisionais da Xunta de Galicia, arderon 300 hectáreas e está controlado dende as 13.07 horas deste xoves.

Segundo Medio Rural, “parte” desas 300 hectáreas están dentro do parque natural, onde participaron 10 axentes forestais, 18 brigadas, 10 motobombas, tres pas, un helicóptero e dous avións.

OUTROS MENORES

Por outra banda, a Xunta de Galicia informou sobre un “conato” de incendio na parroquia pontevedresa de Cangas, de menos de 20 hectáreas. Na zona afectada foi achado un cadáver que non correspondía a ningún traballador do servizo de extinción.

Outros lumes de menos de 20 hectáreas extinguidos ou baixo control iniciáronse en serras do Macizo Central galego, nos municipios ourensanos de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Gudiña, e un máis en zona baixa, no municipio de Riós, parroquia de Progo, segundo fontes do servizo de extinción.

12 de decembro de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.