publicidade hoxe

Abegondo aproba o inventario de bens por un valor de 31 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Abegondo aprobou hoxe en Pleno o seu inventario municipal. Trátase da ferramenta que prové a lexislación para relacionar o conxunto de bens e dereitos da administración correspondente, o que serve para coñecer a situación, mellorar a xestión e poder programar as actuacións correspondentes.

O documento comezou a elaborarse hai ano e medio  cun equipo formado por técnicos municipais. En total, incluíronse no Inventario 36 edificios, máis de 1.500 viarios, oito parques infantís; ademais de vehículos municipais, e equipos informáticos. En total, o valor destes bens alcanza os 31 millóns de euros. A maiores destes bens, quedarían por incluír no inventario solares e leiras urbanas cuxo valor estimado, rolda o catro millóns de euros e que serán incorporadas proximamente. 

A listaxe componse de todos os bens municipais, onde sobresaen os camiños e as leiras, coa súa valoración económica. O inventario que leva a pleno contén os seguintes datos:

Vías (un total de 1.555): 19.829.951 euros

Edificios de titularidade municipal: 10.873.095,42 euros

Vehículos: 277.995 euros

Parques: 96.067 euros

Equipamento informático: 31.610 euros

Valor total aproximado: 31.000.000 euros

O inventario foi exposto ao público para comprobar a súa corrección. Os veciños puideron acceder á lista e realizar as observacións oportunas. Co proceso, explica o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, se cotejó que a relación de bens é a adecuada, coas propiedades que lle corresponde ao Concello. Coa actualización dos bens actualizaranse consecuentemente os datos no catastro. Santiso sinalou que o Concello de Abegondo é dos poucos galegos que conten cun inventario municipal de bens. O rexedor recuerdó que se trataba dunha demanda expresada por moitos veciños e por iso impulsou a súa confección.

Ademais do inventario de Bens, o pleno aprobou, sen ningún voto en contra, os orzamentos do próximo ano que reflicten un importante crecemento con respecto a 2013. O orzamento alcanza os 3,55 millóns de euros, un 7% superiores aos

aprobados neste ano. Este crecemento conséguese sobre todo pola subida nos ingresos que percibirá o Concello. Nótase sobre todo nas transferencias correntes e de capital que proceden das outras administracións. Tamén se incrementa lixeiramente a recadación de impostos e no apartado doutros ingresos sitúase a execución do plan urbanístico de San Marcos que contempla o Plan Xeral.

A política de austeridade e contención do gasto tamén ten os seus resultados para que Abegondo poida contar en 2014 con este panorama de crecemento. Os gastos de persoal conxeláronse e o goberno local consegue unha redución de 180.000 euros no gasto corrente. A decisión tomada este ano polo alcalde, José Antonio Santiso, de amortizar o conxunto do crédito bancario que dispuña o Concello permite tamén a baixada dos gastos financeiros. O rexedor destacou “a boa saúde das contas municipais  que permitirá levar a cabo todos os compromisos e os investimentos sen recorrer a operacións de endebedamento”. Así, o aumento de ingresos e a redución dalgúns gastos permiten ao equipo de goberno programar un ambicioso plan de investimentos, de 767.000 euros, o que supón un 21% dos orzamentos, porcentaxe moi pouca común no panorama actual das administracións municipais.

 

26 de decembro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.