publicidade hoxe

A Pontenova acolle unha nova edición da Feira de Artesanía e Antigüidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaCalendarioLugo
A-
A+

A Deputación impulsa un ano máis a Feira das Antigüidades da Pontenova que se celebra dende este venres ata o domingo na Praza dos Fornos desta localidade. A cita, que chega á súa 7ª edición, recibe financiamento do organismo provincial, supoñendo un importante revulsivo económico para a zona.

Os organizadores agardan superar a cifra de 8.000 visitantes que se conseguíu o ano pasado o que da conta do éxito de convocatoria, ó mesmo que o feito de que os artesáns teñan lista de espera para participar no evento. A feira contribúe a poñer en valor factores de dinamización do rural, coma os oficios tradicionais, que permiten abrir vías de crecemento económico e fixación de poboación.

A feira é totalmente gratuíta tanto para os profesionais participantes coma para os asistentes. Abrirá as súas portas na Praza dos Fornos o venres 6 de decembro, ás 11:00 horas e permanecerá aberta ata as 20:00 horas. O sábado 7 e o domingo 8 o horario será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Este ano estarán 30 artesáns chegados de toda España cunha variada oferta de produtos realizados por cesteiro, oleiros, carpinteiros, teceláns ou xoieiros, entre outros. Ademais haberá 25 expositores de antigüidades desprazados dende toda Galicia, así como de Andalucía, Cataluña, Madrid, Asturias ou Castela León, entre outros.

O programa complétase con demostracións en vivo do traballo dun ferreiro, un tecelán, un escultor en madeira e de confección de bonecas de trapo. Os restaurantes da vila colaboran coa iniciativa ofertando menús especiais para este día a un prezo de 12 euros e as persoas que se acheguen poderán tamén adquirir unha revista informativa con fotos da feira e publicidade dos establecementos colaboradores.

5 de decembro de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.