publicidade hoxe

A mellora do atraque para o sector profesional de Pontedeume contará cun investimento de 230.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontedeume
A-
A+

Portos de Galicia investirá 230.000 euros na mellora das condicións de atraque do sector profesional do municipio coruñés de Pontedeume. Así o explicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona acompañado por representantes do Concello e a confraría.

En concreto os traballos consistirán na ampliación da actual rampla de varada do porto en toda a súa lonxitude (65 metros) pola súa anchura (10,8 metros) ata acadar unha liña total de peirao de 165 metros para o atraque. Dita rampla manterá as cotas de altura actuais respecto da baixa mar, que se sitúan entre os 5,1 metros na parte superior e os 0,1, na inferior.

Estes traballos dan resposta a unha demanda trasladada polos representantes do sector profesional e o Concello ante a necesidade de dispor de máis zona de atraque para embarcacións de cerco e flota artesanal. Ademais de solucionar dita situación, acádase tamén outro beneficio para o sector, que contará tamén con máis espazos de traballo en terra, tal como requerían.

Segundo as previsións de Portos de Galicia e a empresa executora das obras, os traballos darán comezo nos vindeiros días e poderían estar rematados a principios do segundo trimestre do ano próximo.

9 de decembro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.