publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia acolle unha xornada de xestión e métodos da rega no viñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiroLocal PortadaOurensePortada dereita
A-
A+
Rogelio Martínez na inauguración das xornadas

Rogelio Martínez na inauguración das xornadas

O mosteiro de San Clodio acolleu esta mañá unha xornada organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) que baixo o título “Rega no viñedo.Fundamentos, xestión e práctica” tentou achegar aos produtores diferentes aspectos que cómpre ter en conta para xestionar a rega no viñedo.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu o acto de apertura. Na súa intervención Martínez apuntou que as explotacións vitivinícolas dotan ao territorio galego dunha singularidade única e destacou a importancia deste sector na economía galega. “A Xunta de Galicia -consciente da preocupación de viticultores,adegueiros,enólogos e expertos no sector- apoia a organización deste tipo de actividades que axuden a mellorar, se cabe, a elaboración dos nosos viños e a consolidar a tendencia de recoñecemento e crecemento dos caldos galegos a nivel nacional e internacional”, afirmou.

Expertos no mundo enolóxico de Galicia, A Rioxa e País Valenciano participaron nos relatorios da xornada e abordaron temáticas relacionadas coa rega. Así, avaliaron os diferentes métodos de control do estado hídrico das plantas e como poden ser utilizados na rega; afondaron nos resultados das experiencias de rega que se están a desenvolver en diferentes zonas de España, analizando polo miúdo os experimentos realizados na comunidade galega; e, por último, subliñaron algunhas das accións que se poden aplicar no uso da rega para paliar algúns efectos do cambio climático.

17 de decembro de 2013 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.