publicidade hoxe

XXV Festa do Marisco en Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMañón
A-
A+

O lugar do Barqueiro, no Concello de Mañón, acolle a XXV Festa do Marisco os vindeiros días 6 e 7 de decembro.

Venres 6 de decembro:

Ás 17.00 h. da tarde misa na carpa, na honra dos pescadores e mariscadores falecidos, cantada polo Grupo Escolma de Meus que ofrecerá un concerto a continuación.

Apertura da exposición fotográfica “25 anos da Festa do Marisco no Barqueiro”.

Á noite festa amenizada pola Charanga NBA

O sábado 7 de decembro:

Ás 12.00 h. da mañá, pasarrúas a cargo da Banda de Música de Ferrol.

Ás 13.00 h., pregón a cargo de Miguel Piñeiro  -editor, xornalista e escritor-. A continuación apertura da carpa onde se servirá o xantar composto por marisco variado a un prezo de 12 euros por ración e con obsequio de prato e vaso de cerámica, amenizado pola Charanga “Son do Souto” de Vedra. Á noite verbena a cargo do Grupo Fusión.

26 de novembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.