publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vilar de Santos comeza as actividades do programa de envellecemento activo 2013-14

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilar de Santos
A-
A+

A iniciativa forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello coa adopción de medidas de igualdade e dinamización social con programas e actividades abertos á participación veciñal, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar social.

O Programa de Envellecemento Activo que se ven aplicando nos últimos anos está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Centro Social de Parada e no Multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes, xoves e venres a partir do 15 de novembro ata o mes de xuño do 2014. Para o programa funcionará o transporte municipal.

A actividade física é un medio de prevención da dependencia e de mantemento da saúde. Preservar a saúde física, psicolóxica e social, permite conservar a autonomía durante o maior tempo posible facilitando a independencia funcional ao tempo que concienciamos á poboación da necesidade de adquirir hábitos biosaudables.

A novidade no Programa 2013-14, está na colaboración co Centro de Atención de Persoas Maiores de Vilar de Santos para a realización do proxecto “Saber envellecer: corpo san en mente sa”, semanalmente con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade acuática cos mesmos obxectivos xa descritos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde impartidos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro: psicóloga, traballadora social, enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora.

O Obradoiro de Ximnasia Activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Tratase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Busca mellorar o seu benestar físico e emocional a través de exercicios de ximnasia realizando exercicios adecuados a cada un dos participantes. Coa chegada do bo tempo o programa realizarase nos parques biosaludables do concello.

No Obradoiro de Memoria, os maiores entrenan e exercitan a memoria mediante exercicios que lles serven tamén para resolver problemas cotiás que poden afectar a súa vida diaria. Os obxectivos deste programa son entrenar aos participantes no exercicio da memoria, a atención ou a concentración, estimular os recordos e o aprendizaxe, diminuír os olvidos e despistes na vida diaria para mellorar as dificultades propias da idade, ademais de manter a mente en forma.

Estes obradoiros complementaranse con outras actividades, cursos, conferencias e tamén un proxecto piloto específico sobre residuos, a reciclaxe e o fomento da compostaxe. No Telecentro do Concello, que está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, polas tardes, organizaranse actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías ás persoas maiores.

Todas as actividades planificadas compaxinaranse con outras accións programadas o longo do ano, que ofrecen alternativas e que fomentan a convivencia e a participación veciñal nos diferentes espazos e lugares do concello.

8 de novembro de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.