V Recital de poetas da Costa da Morte en Muxía
O V Recital de poetas da Costa da Morte “Versos comarea” celebrarase o sábado 30 de novembro ás 19.00 h. no Salón de Actos do Voluntariado. O certame estará presentado por Miguel Vázquez Freire e contará coa participación de Rosalía Fernández Rial, Serxio Iglesias, Rocío Leira, Xosé Iglesias, Miguel Mato, Paco de Tano, X.H. Rivadulla Corcón, Paco Souto e María José Fernández López. Contará tamén coa mostra de fotografías “Cuspindo a barlovento” de Manuel Sendón.