publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa falece en Vilalba tras caer nun pozo de purín co tractor que conducía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVilalba
A-
A+
E.P.

Un home faleceu este martes en Vilalba (Lugo) tras caer co tractor que conducía nun pozo de xurro, segundo informou o servizo de emerxencias do 061.

A alerta polo sinistro, que tivo lugar en Pedrido, na parroquia vilalbesa de Oleiros, produciuse ás 18.46 horas deste martes, segundo informaron a Europa Press fontes do 112, que engadiron que podería tratarse dun home de avanzada idade.

Até o lugar dos feitos, ademais de efectivos da Garda Civil e de Protección Civil, desprazáronse unha ambulancia asistencial, unha ambulancia medicalizada e persoal sanitario da PAC de Vilalba, aínda que xa non se puido facer nada pola vida do home, que faleceu no punto.

27 de novembro de 2013 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.