publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Todo listo en Laxe para celebrar a terceira edición da mostra de artesanía e magosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe xa ten plenamente definidos os elementos que compoñerán a celebración do magosto deste ano e a 3ª edición da mostra de artesanía que, por terceiro ano consecutivo, camiñan dan man e se complementan.

O próximo domingo 24 de novembro, a partir das 5 e media da tarde no Pavillón Polideportivo municipal de Laxe vivirase unha gran festa de corte tradicional que se prolongará durante algo máis de dúas horas, na que poderemos atopar diferentes alternativas e actividades para as diferentes idades.

Dende primeira hora, o Concello de Laxe poñerá a funcionar unha cantina na que todas as persoas asistentes poderán degustar castañas e diferentes bebidas de balde. Para os máis pequenos, haberá diversas alternativas de entretemento: xogos tradicionais, maquillaxes de outono e obradoiros de diferentes características farán a tarde dos rapaces e rapazas entretida e divertida.

Mais esta non é só unha festa orientada aos máis pequenos e pequenas, tal e como diciamos antes, senón que tamén haberá alternativas para os/as adultos/as. Unha delas será a exposición de artesanía, que este ano, xa non só será local. Nesta edición, ademais de participar na mostra veciños e veciñas de Laxe coas súas diferentes manualidades e produtos artesanais, farán acto de presencia unha pequena representación de artesáns/ás chegados/as dende doutras zonas da Galiza. Poderanse visitar diferentes modalidades artesanais: cestería en mimbre e papel, palillo, encaixe de bolillos, traballos artesáns con nós, calceta, cantería, forxa, carpintería, policromados en madeira e cemento, xoguetes en madeira, cuadros en punto de cruz, acuarelas, ganchillo con plástico e fío, diferentes tipos de bisuterías, coiro, cerámica, velas, xabróns, chaveiros, broches, bonecas, tellas pintadas…

Xa por último, como guinda final desta festa, a partir das 18 horas haberá Regueifas en directo, protagonizadas por Suso e Antonio de Xornes, recoñecidos regueifeiros da comarca de Bergantiños.

22 de novembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.