publicidade hoxe

Salceda habilita o noveno aparcamento gratuíto nos terreos próximos á Praza de Abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas habilitou un novo aparcamento situado por detrás da Praza de Abastos. Este novo aparcamento de 1400 m2, permitirá dispor dun amplo espacio, onde se calcula un nivel de ocupación de 70 coches, que permita que nunha rúa tan concurrida como a Pontevedra.

A función é facilitar o transcurso e fluidez de vehículos pola Praza do Mercado e negocios próximos, aportando unha maior comodidade para os peóns que frecuentan estas rúas para facer as súas compras, e ubicar outro punto de aparcamento para que os conductores coñezan e poidan estacionar os vehículos no centro da vila.

A área que circunda a praza de abastos presentaba problemas de aparcamento de autos que dificultaban á carga e descarga dos praceiros, creando problemas puntuais de tráfico no día de mercado municipal que é o mércores, existindo problemas de atascos e de fluidez no tráfico. Con este aparcamento este problema vaise a solucionar, xa que se delimitarán as áreas de carga e descarga, e coa nova reforma da Praza de Abastos contarase cunha nova reestructuración do tráfico. O uso de aparcamentos en terreos cedidos para tal uso, foi unha medida adoptada polo goberno dende o ano 2008 onde Concello de Salceda comezou a negociar con diferentes propietarios a cesión de diversos terreos no centro da vila para habilitalos como aparcamentos. Os veciños e veciñas que cederon os seus terreos, non só permiten unha mellora da vila en canto a circulación do tráfico que anteriormente creaba moitas complicacións, tendo como consecuencia que moitos coches aparcaban mal e dificultaban ou impedían o tráfico, senón que establecen puntos que facilitan coñecer a disposición de aparcamentos dentro da vila, sen ter que procurar lugar onde estacionar os vehículos.

Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico, asegura que “O aparcamento situado detrás da Praza de Abastos é un aparcamento clave para dinamizar o mercado e facilitar a carga e descarga dos que teñen o seu posto na Praza de Abastos. É o mellor momento agora que se está a realizar a transformación da Praza de Abastos, que permitirá incrementar na nosa vila o número persoas que realicen as súas compras en Salceda. Estamos a traballar para garantir a mellora de servizos ao cidadán é a nosa labor facilitarlle o acceso ás nosas infraestructuras en beneficio de todos”.

Marcos David Besada Pérez, asegura “que negociar a cesión dos aparcamentos, foi unha decisión moi acertada dende o Goberno Municipal, que permite que as persoas se trasladen ao centro da Vila para facer as súas compras e disfrutar do entorno e lecer da nosa vila, e queremos agradecer ás persoas que nos cederon e nos están a ceder estos espazos reservados para aparcamento”. “Salceda está a sufrir unha transformación moi positiva, na que se está a conseguir unha vila máis humana, máis cómoda e chea de vida”.

29 de novembro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.