publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Realizarase o cambio de frecuencia para que 500 veciños de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteGaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Galicia realizou as melloras técnicas necesarias para que preto de 500 veciños do concello pontevedrés de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico. Por mor dos axustes operados no concello de Crecente, durante o día de hoxe se procedeu ao cambio da frecuencia de emisión do múltiple autonómico á canle 40, que afecta ás cadeas TVG, TVG2 e V Televisión.

Este proceso afectará exclusivamente aos veciños de 23 aldeas, situadas nas parroquias de Crecente, Vilar e Albeos (que figuran na relación adxunta), que deberán resintonizar os seus aparellos receptores de TDT.

Para poder recibir correctamente as canles que ofrece a TDT, os interesados deben:

1.- En primeiro lugar, dispoñer da cobertura deste centro, podendo confirmar tanto o centro correspondente a cada zona como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154-, ou na web da Oficina Técnica da TDT – www.tdtgalicia.es-.

2.- Revisar a instalación da antena de recepción, se fose necesario, a través dun instalador autorizado, apuntando a antena na dirección do centro emisor de Albeos, no Coto da Cruz.

3.- A continuación, bastará con iniciar o proceso de resintonización no menú de configuración ou instalación dos receptores de TDT.

6 de novembro de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.