Pechado ao público o ximnasio do CPI Pontecesures
A dirección do CPI Pontecesures ven de decidir o peche do ximnasio esta mañán por mor dos graves problemas de humidade provocados pola deficiente cuberta do edificio. En consecuencia estanse a producir constantes goteiras que provocan o levantamento do chan de madeira, e charcos que poden provocar caídas dos usuarios da instalación.
Durante a mañán intensificáronse os contactos entre dirección do centro e o concelleiro de Educación coa delegación de Pontevedra para que solucione canto antes este problema.
A xefatura provincial de educación comprometeuse ao arranxo da cuberta do pavillón, en tanto o Concello vai levar a cabo as reparacións da tarima para que o ximnasio volva ser utilizado.