publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os touroperadores mexicanos interésanse por Galicia

Encontro cos touroperadores mexicanos, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina Española de Turismo de México

Encontro cos touroperadores mexicanos, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina Española de Turismo de México

Trinta touroperadores mexicanos que forman parte da viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina Española de Turismo de México visitan Galicia coa finalidade de que coñezan algúns dos recursos, produtos e enclaves turísticos máis importantes.

Os touroperadores que forman parte do fam trip representan ás seguintes empresas: Turismo Creativo S.A. de C.V.; American Express; El mundo es tuyo S.A. de CV; Altertour; Anfitriones Nacionales; Viaje a las Estrellas; Viajes Polanco; Viajes Beda S.A. de CV-Best Day; BCD Travel; Corporate Travel Services; Consolid; Aeroméxico; Koch Overseas; Consotravel SRL de C.V.; Viajese Intermex; Viajes Mundomex; Latin Sol ANDHOLDINGS, Villatours; Central de Reservaciones (Price Travel); Despegar; Grupo Ofertur S.A. de C.V.

A directora de Turismo de Galicia mantivo no Pazo do Faramello, situado en Rois en pleno Camiño Portugués a Santiago, un almorzo de traballo no que falaron dos máis relevantes produtos e recursos turísticos da comunidade, da oferta de aloxamento, da posta en marcha de iniciativas promocionais e do traballo levado a cabo pola Administración Turística de Galicia para promover o destino, así como sobre os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

Programa de Visitas

Os touroperadores realizaron visitas á Coruña, cidade na que coñeceron o paseo marítimo, a praza de María Pita, a Torre de Hércules, o Museo Domus e a sede de Inditex en Arteixo, entre outros enclaves. Tamén visitaron as Rías Baixas, Pontevedra, a Illa da Toxa, a vila de Cambados e o Pazo de Fefiñáns, así como a Cidade da Cultura de Galicia en Santiago; a catedral e o casco histórico.

No Pazo do Faramello puideron coñecer hoxe a súa carballeira centenaria; a súa capela con declaración de Ben de Interese Cultural e retablo de José Gambino; o cruceiro do século XVIII; os muíños industriais da primeira fábrica de papel de Galicia, do 1710; a terraza barroca compostelana e os xardíns decimonónicos, xunto co salto de auga, a adega e a colección de pintura.

Tras visitar o Pazo do Faramello e facer unha visita guiada polos xardíns e arredores do mesmo, visitarán esta tarde o Pazo de Oca para coñecer o produto Ruta da Camelia e tamén se desprazarán maña domingo a Lugo para coñecer a cidade das murallas e os seus recursos turísticos fundamentais; a así como para realizar unha camiñada polo Camiño Francés. O luns coñecerán a Ribeira Sacra, e o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, asío como Allariz, Santa Maríña de Augas Santas e o Museo do Coiro.

Peregrinos mexicanos en 2013

No que vai de ano, percorreron algunha das rutas xacobeas un total de 1.127 peregrinos procedentes de México.

3 de novembro de 2013 | 02:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.