publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Servizos Sociais de Tordoia recibirán ata o 25 de novembro as solicitudes para o programa “Xuntos polo Nadal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

O Concello de Tordoia abre o prazo para inscribirse no programa  Xuntos no Nadal, da Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar. Este programa de convivencia ten como obxectivo que ningún maior pase as festas do Nadal en soidade. Por iso, entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro de 2014 aquelas veciños e veciñas maiores de 65 anos, ou de 60 anos se xa son pensionistas, poderán participar no programa, que os levará a Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), onde poderán disfrutar duns días de lecer e actividades que fagan especiais estas datas navideñas.

Os Servizos Sociais do Concello de Tordoia serán os encargados de recibir as inscricións e solventar as dúbidas daqueles interesados en participar no programa. Segundo explica o alcalde en funcións de Tordoia, Amadeo Cancela, “aqueles veciños ou veciñas que estean interesados en participar teñen de prazo ata o vindeiro 25 de novembro para se inscribir neste programa”.

Para poder participar no “Xuntos polo Nadal” é preciso ser maior de 65 anos (ou de 60 sendo pensionista), residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidades infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia e non estar acollido en ningún centro residencial. Ademais, os veciños cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

Máis información nos Servizos Sociais de Tordoia ou nos teléfonos 981 683 007 ou 900 333 666.

5 de novembro de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.