publicidade hoxe

O Proxecto CEDIM axuda a a introducir no mercado laboral a máis de medio cento de mulleres desempregadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaMonterreiOurensePontevedraTui
A-
A+

Máis de medio cento de mulleres están a formarse estes días nos concellos galegos de Tui, A Cañiza e Monterrei e no portugués de Vila Verde para aprenderen a detectar novas oportunidades de emprego e mellorar as súas habilidades sociais e comunicativas.

O proxecto CEDIM ofrece unha formación gratuíta e eminentemente práctica dirixida á activación laboral e mellora da empregabilidade das mulleres deses catro municipios, a través de cursos de 40 horas de duración total.

Paradas de longa duración, mulleres que procuran o seu primeiro emprego e mulleres maiores de 45 anos que queren reincorporarse ó mercado laboral son algúns dos perfís das alumnas destas sesións de formación.

Nos concellos de Tui e A Cañiza xa se completou o número de prazas, mentres en Monterrei está aberto o prazo de matriculación ata o martes 26 ás dúas do mediodía e en Vila Verde tamén quedan algunhas prazas dispoñibles. A inscrición no curso de Monterrei pode facerse nos teléfonos 988418002 (Concello de Monterrei) ou 627570950. Todas as mulleres que participan nestas accións recibirán un diploma acreditativo da formación realizada.

Formación para persoal especializado

A través dunha plataforma en liña, o Proxecto CEDIM está a ofrecer tamén ofrece cursos eminentemente prácticos dirixidos a mellorar a cualificación profesional e poñer en valor as capacidades, e habilidades, do persoal técnico implicado nas accións de dinamización sociolaboral das mulleres de cara á mellora da empregabilidade.

O curso está dirixido a persoal que traballa nos centros e recursos en materia de igualdade, dependentes das administracións locais galegas e portuguesas, con preferencia do persoal da zona de influencia do proxecto CEDIM.

Un total de 74 persoas están a seguir xa a través de Internet o curso de formación de 40 horas de duración, que lles achegará novas ferramentas para cando precisen atender futuras consultas.

O CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) é un proxecto transfronteirizo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal 2007-2013, que ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida, potenciar a autonomía e o empoderamento das mulleres raianas e a súa participación no desenvolvemento económico do territorio

22 de novembro de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.