publicidade hoxe

O programa “Actívate 2013” chega ao Concello de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Este martes día 26 de novembro a partires das 16:00 horas comeza no CDL do Torrón unha nova edición do programa Actívate, impartindo o curso de “Creación dunha horta ecolóxica”, no que participarán un total de 25 alumnos/as.

O programa ACTÍVATE está organizado pola Deputación de Pontevedra e vai destinado principalmente a mozos/as de entre 16 e 35 anos e que se atopen nunha situación de desemprego e estean censados no municipio de Salceda de Caselas. En caso de non cubrir o alumnado cos participantes que cumpran estes requisitos pódese abrir a inscrición a todos os tramos de idade e situacións laborais. Como programa destinado a xuventude que é, no concello está coordinado pola Concellería de Mocidade que dirixe Loli Castiñeira, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

Esta é a quinta edición do programa, e polo tanto a quinta participación do concello de Salceda no mesmo. En anos anteriores impartíronse cursos de diferentes ramas profesionais solicitados sempre polos usuarios da OMIX. Dende os relacionados coa hostalería: “Cociña e Repostería” (ano 2009), “Tapas, pinchos e Canapés” (ano 2011); a administración de empresas: “Contratos e Nóminas” (ano 2010); a imaxe dixital “Fotografía iniciación”, “Fotografía avanzada” (ano 2012). En total máis de 150 rapaces fixeron formación teórico/práctica en distintas modalidades ao longo destas cinco edicións.

Para a impartir a parte práctica do curso “Creación dunha horta ecolóxica” adecuouse o antigo invernadoiro do CDL do Torrón, onde os participantes van desenvolver a parte práctica. A importancia da Agricultura ecolóxica nace a partir da preocupación ambiental e alimentaria que nace como consecuencia dos problemas que crean na saúde e no medio os produtos fitosanitarios, e ven a continuar coa implicación que se está a desenvolver por parte do concello de Salceda de Caselas de cara a produción ecolóxica onde se estableceron charlas acerca das vantaxes deste tipo de produtos, cómo se producen e a visita a diversos cultivos ecolóxicos que se están a dar no noso Concello ou concellos limítrofes.

26 de novembro de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.