publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O desmantelamento dun grupo de tráfico de drogas en Lugo sáldase con 11 detidos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugoOuteiro de ReiPortada esquerda
A-
A+

Un grupo organizado dedicado á distribución de substancias estupefacientes foi desmantelado en Lugo por axentes da Policía Nacional. A operación comezou uns seis meses atrás, cando chegou a coñecemento dos axentes o “continuo trasiego” de consumidores de heroína en dúas zonas da cidade.

As investigacións realizadas tiveron como resultado a localización de tres domicilios, 2 en Lugo e outro en Outeiro de Rei, nos que se manipulaba a heroína adquirida para que posteriormente fose distribuída por terceiros en diversas zonas da cidade da muralla.

Nos rexistros realizados neses domicilios interviñéronse substancias estupefacientes, básculas de precisión, cartos en efectivo, recortes de bolsas e outro material; así como 133 dosis de heroína, 72,02 gramos de marihuana e unha arma de fogo.

En total detivéronse 11 persoas, catro delas con numerosos antecedentes policiais. Tras prestar declaración pasarán a disposición da autoridade xudicial.

22 de novembro de 2013 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.