publicidade hoxe

O Concello de Tordoia acometerá as obras de mellora dos accesos á igrexa de Santaia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

Con cargo a fondos da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Tordoia, a comisión do goberno municipal aprobou a execución dunhas obras de mellora e acondicionamento do acceso á igrexa de Santaia de Gorgullos, un edificio de estilo barroco que data do s. XVIII .  As obras aprobadas suporán un investimento dun total de 104.700€  cartos que estarán destinados ao ensanche da vía pública, beirarrúas, aparcamento e dotación de servizos de auga, recollida de pluviais, saneamento e soterramento de liñas eléctricas.

A aprobación destes traballos permitirán mellorar as condicións de acceso a este recinto relixioso, especialmente para os veciños maiores desta parroquia, que poderán acceder cos vehículos de xeito máis doado.

A comisión de goberno aprobou, ademáis, a execución dunha mellora de firma na estrada ao seu paso polo lugar de Oleiros, a cargo do Plan Marco Programa Mellora de camiños de Titularidade Municipal da Consellería de Medio Rural e do Concello. Esta carretera comunicará aos vecinos desta parroquia coa capitalidade do Concello. O importe desta obra será de 64.000 €.

12 de novembro de 2013 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.