publicidade hoxe

O Concello da Bola acollerá un acto de homenaxe a Luís Soto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Bola
A-
A+

O municipio de A Bola, acollerá o luns día 2 de decembro unha nova homenaxe ó mestre, pedagogo e activista no exilio, Luís Soto (1902-1981), no marco da ruta ‘Vieiros da memoria’ impulsado pola Fundación Lois Pena Novo en colaboración con nove concellos ourensáns e o portugués de Montalegre.

O programa de homenaxe arrincará ás 12 do mediodía no Concello cun acto académico coas seguintes intervencións: Xosé Benito Reza , Xurxo Martínez González (biógrafo de Soto), Xosé González Martínez, Xosé Manuel Cid Fernández e Sara Fernández, sobriña do homenaxeado.

Os actos continuarán despois na casa onde naceu Luís Soto. Alí colocarase unha placa en recordo do mestre, político e galeguista.

E para finalizar, descubrirase outra placa co nome do homenaxeado na Escola Infantil, a cal pasará a dar nome.

29 de novembro de 2013 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.