publicidade hoxe

O ciclo “Monumenta” recala na Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

A programación de Monumenta en Santa María de Miño convida a achegarse a primeira hora da tarde ao labor de recuperación das pinturas desta igrexa de Chantada. O encontro permitirá tamén compartir a memoria das vivencias vinculadas a este lugar.

16:30 Obradoiros para familias sobre restauración de pinturas e Faladoiro cos veciños e veciñas nos que se recollerán, en conversa informal, as lembranzas vinculadas ao lugar

17:30 Concerto da Coral Polifónica de Chantada. Entrevista e diálogos coa coral a cargo de Xurxo Souto. Unha hora despois, a música vén da man da Coral Polifónica de Chantada. Esta agrupación musical foi fundada en xullo de 1964 polos veciños de Chantada xunto co párroco Modesto Fernández Rodríguez, que foi director da Coral ata 1992. Na actualidade conta con 34 compoñentes que traballan baixo a dirección
de Marcos Fernández Varela, veciño da localidade.

Ao remate da actuación, Xurxo Souto, cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica, establecerá un diálogo cos integrantes da coral que permitirá afondar no traballo desta.

13 de novembro de 2013 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.