publicidade hoxe

O CEP Altamira percorre o Parque etnográfico do río Caselas para facer actividades e xogos relacionadas con flora, fauna, micoloxía e muíños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O CEP Altamira realizará, este venres a partir das 10:00 da maña unha serie de actividades dentro da Senda Peonil do Río Caselas. Persoal e voluntarios do Concello de Salceda de Caselas traballarán en colaboración cos nenos dos curso de 4º. A actividade vai a partir dende o Torreiro de Santa María camiñando a través do espazo da Senda do Río ata a fin do traxecto, na área recreativa do Ruibal.

Os alumnos de 4º de primaria farán a actividade que xa se realizara previamente no Verán Cultural, onde cada muíño se axeitaba con paneis de temáticos diferentes que mostrarán á Flora, Fauna e Micoloxía existentes na Senda dos Humedais, espazo protexido como Lugar de Interese Comunitario a través de Rede Natura 2000. Cada neno disporá dunha ficha con diferentes adiviñas e preguntas sobre o que está exposto, e terán que responder ás cuestións que se lle plantexan. Para esta actividade a colaboración entre os mestres e voluntarios é fundamental para que os nenos poidan disfrutar das diferentes probas ás que se lles someterá.

A finalidade da actividade é da de inculcar dunha maneira amena os valores naturais e importancia que estes representan para a nosa sociedade e cultura. A importancia deste espacio débese principalmente a que habitan especies endémicas ou incluídas na lista vermella de especies en perigo de extinción. O seu coñecemento ten que levar implícito o coidado e protección das mesmas.Dende a área de Medio Ambiente e Ensino, dirixida por Cándido Lorenzo e Terez Pérez, repectivamente, quérese felicitar ao CEP Altamira por todas as actividades que están a levar a cabo, tralas que hai unha gran laboura de traballo nas que os mestres, implican moitas horas para que sexan posibles. E queremos conceder a nosa máxima colaboración co Centro de Ensino Público, para que os máis cativos disfruten do medio e das actividades que se ofrecen dende o Concello.”

12 de novembro de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.