publicidade hoxe

O autobús da campaña de apoio á Ribeira Sacra recala en Portomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPortomarín
A-
A+

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o Alcalde de Portomarín, Juan Serrano, recibiron esta mañá o autobús rotulado da campaña de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade á súa chegada á localidade, onde permanecerá ata o vindeiro día 10 de novembro na praza Conde de Fenosa.

García Porto destacou que precisamente hoxe cúmprese un mes dende a posta en marcha da campaña, tempo no que xa se levan rexistradas máis de 4.500 sinaturas, o que amosa o éxito da iniciativa emprendida pola Deputación de Lugo. “Estou convencida de que os veciños e visitantes de Portomarín respostarán tan positivamente coma os de Lugo, Monforte, Chantada, Ribas de Sil e Taboada”. A Deputada desexou que “pronto cheguemos ás 5.000, algo especialmente significativo tendo en conta que, polo momento, o autobús leva percorrido polo momento a parte da zona sur da provincia”. O vehículo partirá despois cara o resto da provincia, e Galicia e España no 2014.

A implicación da cidadanía é fundamental para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, encargado de presentar a proposta ante a UNESCO, se decida a favor da candidatura da Ribeira Sacra. “É imprescindible que administracións e cidadanía traballemos conxuntamente para acadar o obxectivo”.

O autobús rotulado da campaña permanecerá ata o día 10 de novembro na Praza Conde de Fenosa, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, para que todos os que o desexen poidan asinar no libro oficial da UNESCO. Ademais de deixar a súa sinatura poderán atopar material promocional da campaña e información sobre as terras da Ribeira Sacra.

8 de novembro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.