publicidade hoxe

O alcalde de Baleira presenta as súas demandas ao departamento que dirixe Beatriz Mato

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaralla
A-
A+
Mato na reunión co alcalde de Baralla

Mato na reunión co alcalde de Baralla

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo en Santiago unha xuntanza co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López, para avaliar as principais demandas desta localidade. Entre os asuntos que abordaron destacou a evolución das obras da futura residencia e centro de día que ofertará aos veciños e veciñas un total de 44 prazas públicas.

Mato puxo de manifesto o avanzado estado dos traballos, polo que indicou que a previsión é que poidan estar rematados o próximo mes de febreiro. A Consellería de Traballo e Benestar está a investir na construción deste servizo social preto de 1,5 millóns de euros. A titular de Benestar resaltou “o esforzo” que nestes momentos está a facer a Administración autonómica para poder dotar á localidade lucense desta residencia

5 de novembro de 2013 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.