publicidade hoxe

Melloras das dotacións de ducias de veciños do rural en Becerreá e Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáCervantesLugo
A-
A+

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo para o acondicionamento de viais nos Concellos de Cervantes e Becerreá. Estes traballos realizáronse con cargo o Plan de Axudas ó Medio Rural dotado con 300.000 euros, co que a institución provincial impulsa o sector primario mellorando servizos e infraestruturas.

Mellora das comunicacións

Manuel Martínez destacou que as dúas intervencións eran moi necesarias e demandadas polos veciños, e asegurou que se trata de “obras fundamentais para que os veciños do rural poidan manter unhas condicións de vida e traballo dignas”. Estas axudas beneficiaron en toda a provincia a preto de 60 colectivos, que recibiron axudas de ata 6.000 euros e que puideron ser realizadas xa no 2012, ou ben acometer ata o mes de xuño deste 2013.

Os comuneros de Poso, do Concello de Cervantes, foron os beneficiados dunha destas axudas, grazas á que puideron realizar o acondicionamento de cunetas e aliviadeiros na rúa principal do núcleo poboacional. Dotada con 6.000 euros, mellora a seguridade do tráfico nesta zona que presentaba condicións intransitables no inverno. En Castelo, no Concello de Becerreá, a agrupación de veciños arranxou con 6.000 euros de subvención un camiño de acceso a varias explotacións que comunica o lugar con outras estradas de importancia. A obra mellorou as comunicacións e o acceso dos veciños a servizos básicos, como colexios e establecementos comerciais.

Obras na Montaña

Xunto a estes traballos, a Deputación financiou en zonas rurais dos Concellos da Montaña un total de 7 obras, entre as que destacan: o acondicionamento de camiños en Ferreirous e Padrón, no Concello da Fonsagrada; en Mendreiras, no de Baleira; en Murias de Rao, en Navia de Suarna; en Chao de Abedul, en As Nogais; e en Foxos e Riocereixa, en Pedrafita. O orzamento que achegou o organismo provincial a estas actuacións foi de 46.000 euros.

Autónomos e PEMES da provincia foron os encargados da execución destas obras, contribuíndo, deste xeito, ó mantemento de emprego e ó impulso dun sector que é piar da economía luguesa. O Plan de Axudas ó Medio Rural dota ós veciños da provincia de servizos públicos de calidade, mellorando as súas condicións de vida e permitíndolles vivir dignamente no rural, freando deste xeito a sangría demográfica.

13 de novembro de 2013 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.