publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Laxe acolle a obra “O anel máxico” dentro da Mostra de Outono de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLaxe
A-
A+

Este domingo, terá lugar a última das 6 actuacións que este ano compuxeron a Mostra de Outono de Teatro, organiza de xeito colaborativo entre o Concello de Laxe e a Asociación Municipal de Teatro Folerpas. Os protagonistas desta última peza, serán a compañía A FIESTRA TEATRO que, nos achegarán a OBRA “O ANEL MÁXICO” orientada a público adulto.

Sinopse

Un home está a piques de suicidarse por culpa dunha carta de amor que agocha a súa muller, escrita por outro home. Pero unha extraña aparición o detén e lle ofrece un anel máxico que, ao colocalo no dedo, faille a un esquecer todo o que sabe. A raíz disto, a obra xira ao seu redor, atopándose con antigos amigos e trala pista dunha muller. Unha obra na que un mundo misterioso mistúrase con situacións moi cómicas. A compañía teatral garante diversión e bo humor. Coma en todas as obras deste ciclo, a entrada será de balde.

Magosto e III Mostra de Artesanía Local

Por outro lado, o Departamento de Cultura, atópase ultimando a organización e celebración do Magosto 2013 e III edición da Mostra de Artesanía Local, que terá lugar, o vindeiro domingo 24 de novembro a partir das 17.30 horas no pavillón polideportivo municipal de Laxe. Durante dúas horas e media, o pavillón polideportivo será o espazo elixido para desenvolver unha festa tradicional na que haberá: artesanía, castañas e cantina de balde para todos/as, música, xogos tradicionais e obradoiros para os máis pequenos e pequenas e é probable que haxa outras sorpresas.

De momento, teñen confirmada a asistencia 10 postos de artesanía. Nesta nova edición, gustaríanos que se implicasen un maior número de persoas que quixeran expoñer os seus traballos artesanais e darse coñecer tanto entre a vecindade coma entre os visitantes que se achegan de outros concellos. O prazo para poder inscribirse, finalizará o mércores 20 de novembro. 

15 de novembro de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.