publicidade hoxe

II noite do terror en Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSalceda de Caselas
A-
A+

O próximo venres día 8 de novembro vai a ter lugar en Salceda o II Roteiro do Terror, que percorrerá 4,5 km por camiños e instalacións do noso Concello.

O evento vai a iniciarse dende o Parque da Gándara ás 21h dende o que partirán 10 grupos cun cupo máximo de 10-15 persoas por grupo, todos os paticipantes teñen que ter unha idade mínima de 18 anos e terán que vir provistos de linternas e con calzado resistente á auga. O custe da actividade é de 2,5€ que serán abonados o venres 8 previo iniciar o Roteiro.

Para poder participar hai que realizar unha inscripción previa na páxina web: www.salcedadecaselas.es hai un banner no que pon Sendeiro do Terror, e no que hai que entrar para realizar a inscripción A data límite para inscribirse é o mércores 6 de novembro, aínda que se aceptarán solicitudes postriores, senón se enche as 100 prazas que hai para o evento.

Ao finalizar haberá chocolate e queimada para os participantes, no parque da Gándara. Loli Castiñeira, concelleira de turismo, asegura, que un ano máis os veciños e veciñas de Salceda, e os que se acheguen ao noso pobo, van a ter que superar unha serie de obstáculos e probas dentro
dun entorno do terror, no que van a ter que respetar e cumplir as normas para evitar os posibles incidentes. Convidara todos e todas os que aínda non se apuntaron e o fagan para disfrutar do roteiro e das dificultades que o mesmo presenta.

4 de novembro de 2013 | 15:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.