publicidade hoxe

As obras de execución da glorieta situada na travesía de Arbo, na PO-400, acadaron un custo de un custo de 210.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Arbo

Cores Tourís na visita a Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou o remate das obras de execución da glorieta que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas executou na PO-400 e que permite mellorar a seguridade viaria en Arbo.

Cores Tourís estivo acompañado nesta visita polo alcalde de Arbo, Xabier Simón Fernández, o portavoz do PP na localidade, Horacio Gil, así como polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez e de varios técnicos da Xunta de Galicia.

A glorieta executouse no punto quilométrico 18.550 da PO-400 e “o seu obxectivo foi reordenar esta intersección, o que permitiu mellorar a seguridade viaria na travesía de Arbo na que conflúen unha estrada que leva directamente ao centro urbano así como outra que vai ata o pavillón de deportes en Cabeiras”, explicou Cores Tourís, quen destacou que esta estrada “conta cunha intensidade media de 3.000 vehículos ao día, polo que se facía necesaria a súa execución, xa que nesta intersección os vehículos facían os xiros cunha visibilidade insuficiente por mor das edificacións existentes no seu contorno”.

Deste xeito, puidéronse retirar os semáforos que regulaban o tráfico e que xeraban un un tempo de retención moi alto no seu percorrido, ocasionando incomodidade aos usuarios desta estrada.

A obra supuxo un investimento de 209.476,21 euros que permitiu a execución dunha glorieta de dous carrís de 4 metros con beiravía exterior de 0,5 metros e interior dun metro máis de bordo. Esta rotonda conta un radio interior de seis metros e un radio exterior de 14.

Homenaxe aos pescadores de lamprea

Ademais, aproveitouse o espazo xerado no interior da glorieta para instalar unha pesqueira e recrear como se pesca a lamprea no río Miño. “Esta obra é un homenaxe ás máis de 200 persoas que se dedican a esta actividade no concello de Arbo”, engadiu o delegado territorial, quen recordou que, no seu día, chegou a haber ata 700 pesqueiras instaladas no río.

As obras de execución desta rotonda supuxeron a execución de movementos de terras, a creación de pluviais e saneamento e a colocación de alumeado público. Foi necesario, ademais, segundo concluíu José Manuel Cores Tourís, a expropiación de sete fincas próximas a intersección actual, “todas elas en terreo clasificado coma urbano” o que supuxo unha afectación de 395 metros cadrados.
 

7 de novembro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.