publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aposta autonómica polos municipios de interior para reequilibrar o territorio e o benestar veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaGaliciaOurense
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao Concello da Rúa

Alfonso Rueda na visita ao Concello da Rúa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron esta mañá A Rúa, onde analizaron co seu alcalde, Avelino García, as distintas vías de colaboración en marcha entre o concello e a administración autonómica.

Rueda e Martínez visitaron a Casa Consistorial, restaurada hai uns anos grazas a una axuda da Consellería de Presidencia, e visitaron tamén os parques infantís de Fontei e Aguillón. Entre o ano pasado e este ambas áreas lúdicas recibiron 75.000 euros da orde de subvencións para que os concellos galegos poidan realizar infraestruturas de uso público das que se beneficien todos os veciños.

A través desta orde, o Goberno galego volve a apostar polo reequilibrio territorial e reparte en 2013 ao redor de 1,3 millóns de euros entre case medio cento de concellos, a maior parte deles concellos pequenos e do interior de Galicia , como é o caso da Rúa.

Neste sentido, na convocatoria deste ano as axudas concéntranse nos concellos das provincias de Ourense e Lugo; e no caso concreto de Ourense, os concellos da provincia acapararon máis dun terzo do investimento total desta orde.

Fondo de Compensación Ambiental

As frutíferas relacións da Xunta co concello da Rúa tamén tiveron reflexo o ano pasado, cando o municipio ourensán foi subvencionado con máis de 100.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, por un proxecto conxunto co concello de Larouco.

Desde o primeiro momento, a Xunta está a apostar firmemente por este tipo de cooperación entre concellos, especialmente necesaria na actual situación económica, cando a suma de esforzos é fundamental. A Rúa ten experiencia neste tipo de colaboración, xa que dende hai anos é a sede comarcal dun servizo de bombeiros, un dos exemplos modélicos de traballo conxunto entre as administracións galega, provincial e local.

O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha hai catro anos polo Goberno galego e ten permitido que os concellos se beneficien por primeira vez das explotacións eólicas que hai en Galicia. Cada ano, este fondo reparte un importante montante que axuda ás arcas municipais, favorece a conservación do medio ambiente e aposta polo reequilibrio territorial, ao estar destinado especialmente aos concellos máis pequenos e do interior de Galicia.

19 de novembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.