publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Agader inviste 221.000 euros na dinamización das áreas rurais de Aranga, Monfero e Vilarmaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArangaGaliciaLocal PortadaMonferoPortada dereitaVilarmaior
A-
A+

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural destinou máis de 221.000 euros en proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos polos concellos de Aranga, Monfero e Vilarmaior. O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias, visitou esta mañá as obras que se executaron nestes municipios, no marco dos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por concellos. A través das achegas da Consellería do Medio Rural e do Mar, realizáronse obras para a dotación de servizos básicos para a poboación rural destes 3 concellos coruñeses, que contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños.

O director xeral, acompañado polo alcalde do Concello de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quitián, visitou a praza do local social de Grandal. Na humanización desta praza investíronse algo máis de 56.000 euros, que permitirán que esta parroquia dispoña dun punto de encontro para os veciños.

A continuación Antonio Crespo e o alcalde do Concello de Monfero, Benjamín Rodríguez Abad, visitaron as obras que se realizaron co apoio destas subvencións. Neste concello acondicionouse o entorno da igrexa de San Fiz, cun investimento de preto de 50.000 euros e construíronse os vestiarios do campo de fútbol, para os que se destinaron máis de 31.000 euros.

Finalmente o director xeral de Agader e o alcalde de Aranga, Alberto Platas, visitaron a rehabilitación do local social de Santiso, no que se investiron preto de 28.000 euros e a área recreativa do lugar do Carballal, que contou cunha axuda de máis de 56.000 euros.

6 de novembro de 2013 | 23:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.