publicidade hoxe

Acto conmemorativo en Piñor con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que , con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Piñor celebrará un acto conmemorativo o vindeiro luns 25 de novembro, ás 20:00h no Salón de Plenos do Concello.

O compromiso deste municipio coa igualdade entre homes e mulleres así como coa loita contra a violencia de xénero é continuado ó logo dos anos, emprendendo iniciativas como:

– Espazo da Igualdade: espazo sitio en Servizos Sociais, dotado da suficiente confidencialidade como para poder atender tanto a mulleres como a homes en temas referidos a igualdade e á situacións de violencia.

– II PIOM: O Concello de Piñor, a día de hoxe, xa aplicou o seu primeiro Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, realizando a avaliación correspondente, e xa ten en marcha o II Plan, vixente ata este ano en curso.

– Actividades de sensibilización: cada ano lévanse a cabo actividades variadas en torno ó Día da Muller Traballadora e ó Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, tratando de implicar a tódolos colectivos poboacionais: talleres de autoestima para mulleres, talleres de resolución de conflitos para homes, obradoiros de igualdade cos cativos, concurso de mini-relatos contra a violencia de xénero para cativos….

– Obradoiros de orientación laboral: xa foron varios os levados a cabo, sobre todo destinados a mulleres, pois moitas veces é a dependencia económica a que fai que a muller non valore abandonar a relación sentimental co seu agresor.

– Programa Clara: programa financiado polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller en colaboración coas entidades locais, que pretende a inserción laboral das mulleres mediante a motivación e a formación para o emprego. Neste eido, o Concello de Piñor é o único concello da provincia de Ourense que conta con este programa, unha mostra máis do compromiso municipal no eido da igualdade de oportunidades entre o home e a muller.

Destacar que esta última iniciativa, o Programa Clara, será presentada oficialmente durante o acto do día 25 de novembro, poñendo en coñecemento ós asistentes sobre o funcionamento do programa e o seu impacto local.

Neste mesmo acto, coa finalidade de concienciar á poboación da influenza dos medios de comunicación na nosa forma de entender a vida, os valores…, levarase a cabo un taller denominado “Cine e violencia”, no que se poderá indagar a visión que desprende o cine sobre a violencia de xénero, estereotipos de xénero…

Así mesmo, tamén se fará entrega dos diplomas do Curso básico de voluntariado social (celebrado no mes de setembro) e dos premios do II Concurso de Mini-relatos contra a violencia de xénero, convocado para cativos que cursen entre 5º de Primaria a 4º da ESO. O conto gañador será lido no acto polo cativo responsable da súa autoría.

Finalmente, haberá unha degustación de pinchos para tódolos asistentes.

Dende o Concello de Piñor animamos a toda persoa a acudir a este acto, implicándonos todos e todas, un ano máis, na loita contra a violencia de xénero.

22 de novembro de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.