publicidade hoxe

Abegondo impulsa un plan de revitalización do comercio local en San Marcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo levará a cabo un plan de dinamización do comercio local. San Marcos, capital do municipio, é o núcleo queconcentra en poucos metros maior número de negocios, con locais de hostalaría, tendas e oficinas, polo que o goberno local pretende emprender unha serie de actuacións que axuden a revitalizar o sector.

O Concello centrará os seus esforzos en modernizar os espazos comúns dos comercios para mellorar o atractivo de comprar en Abegondo. O plan busca ofrecer unha contorna común que permita conectar a clientes e comerciantes. Esta revitalización do comercio contará con tres grandes actuacións:

· Instalación de mobiliario urbano. O Concello colocará elementos como papeleiras, bancos, ou iluminación que modernizarán notablemente a zona, ademais de crear espazos para o descanso.

· Creación de zona verde. A estética do núcleo mellorará sensiblemente coa dotación de xardineiras e plantas.

· Eliminación de barreiras arquitectónicas, para posibilitar a todos os veciños e visitantes que poden acceder a todos os comercios.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, sinala como un dos grandes obxectivos a mellora da “visibilidade” dos comercios, un “factor fundamental” para o desenvolvemento da súa actividade comercial. “Temos un pequeno comercio onde o bo trato nunha calidade común e merece o noso esforzo para potencialo e revitalizalo”, afirma.

Así mesmo, o Concello tamén prevé a dotación de elementos de sinalización que reforcen a mencionada visibilidade para as empresas. O proxecto levará a cabo de forma inminente, dado que se atopa en trámites de contratación. O orzamento do plan ascende a 50.000 euros, dos que o 75% procede das axudas para revitalizar o comercio de proximidade que concede a Xunta de Galicia. A contía restante procede das arcas municipais.

29 de novembro de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.