publicidade hoxe

A reforma do complexo xuvenil As Mariñas de Bergondo ascende a 250.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar destinará preto de 250.000 euros á reforma do Complexo Xuvenil As Mariñas de Bergondo (A Coruña). O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai pública a formalización do contrato das obras, que terán unha duración de entre tres e catro meses.

As mesmas inclúen actuacións no albergue de Gandarío e no da Mariña española. No primeiro caso, rehabilitaranse e impermeabilizaranse as marquesiñas de formigón do merendero e do pañol e levarase a cabo unha adecuación funcional do área do merendero. Así mesmo, levarase a cabo unha impermeabilización das cubertas dos pavillóns e unha adecuación funcional do formigón das pistas deportivas.

No caso do albergue da Mariña española repararase e sustituirase a valla perimetral de peche, repararanse as cubertas tanto do albergue como do polideportivo, mellorarase a instalación de calefacción e instalarase enerxía solar térmica para a produción de ACS.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas nun convenio específico entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zonas rurais.

8 de novembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.