publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A reforma da zona residencial do IES de Vilamarín completa uns traballos de adecuación que ascenderon a 386.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaVilamarín
A-
A+

As obras finalizadas da reforma da zona residencial do IES Vilamarín consistiron na renovación dun total de 17 dormitorios- unha ducia deles na primeira fase, no 2012, e outros 5 na segunda, no 2013-. Durante o percorrido polo centro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo acompañado polo delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez; polo director do centro, Alberto Otero; e mais pola xefa territorial da Consellería na provincia, Mercedes Gallego.

Nos últimos anos a Consellería ten investido neste centro, de referencia na familia profesional de FP de Hostalaría e turismo, máis de 386.000 euros en diversas reformas nas instalacións, así como para os fondos destinados á biblioteca escolar. En concreto nas reformas dos anos 2012 e 2013 investíronse máis de 253.000 euros.

Novas melloras

Así, ademais da mellora da zona residencial, executáronse diferentes melloras na cociña, taller de servizos, na instalación eléctrica, e implantouse en todo o centro a radiofrecuencia, e está previsto colocar un montacargas que conecte todos os pisos do edificio. Unha obra que permitirá optimizar os recursos e usos das instalacións xa que a través do ascensor quedaran conectados a cociña, o economato e o almacén. Estes traballos uníronse aos xa realizados anteriormente a través dos que se fixo unha importante adaptación de espazos, o que permitiu a creación dunha lavandería, e renovouse a pavimentación.

Para a renovación dos 17 dormitorios substituíuse a carpintería exterior e vidrieiras, pintáronse as paredes, colocáronse novas portas, e cambiouse o falso teito e o pavimento. Ademais modificouse a configuración de armario e fíxose unha remodelación completa dos cuartos de baño, incluíndo instalacións de auga e desaugues, así como os aparatos sanitarios. Unha residencia que acolle estudantes procedentes de distintos puntos de Galicia e procedentes doutras comunidades autónomas.

Incremento oferta

Cómpre destacar que o IES de Vilamanrín incrementou a súa oferta formativa nos últimos cursos escolares, e grazas a o respaldo da Consellería duplicouse o número de docentes do centros, que atende aos máis de 300 estudantes que na actualidade realizan os seus estudos no centro ourensán.

A oferta educativa incorporou novos títulos a súa oferta formativa con novos ciclos superiores como o de dirección de servizos, xestión de aloxamentos turísticos ou dirección de cociña. Ademais implantouse, en oferta modular, o ciclo medio de servizos. Unha mellora na oferta que esta a ter resposta nun maior recoñecemento por parte do mercado laboral e empresarial, favorecendo a inserción laboral do alumnado.

5 de novembro de 2013 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.