publicidade hoxe

A Rede de Hostaleiros de Vimianzo serve menús castrexos e medievais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Os doce establecementos integrados na Rede de Hostaleiros do proxecto “Vimianzo. Do mar á terra” comezan este fin de semana a comercializar os menús e pinchos castrexos e medievais, así como os produtos elaborados de panadería e repostería. No caso dos menús, os castrexos teñen un prezo de 10€ e os medievais, de 20€.

Desde este venres 15 e durante todas as semanas de hoxe en diante, visitantes e turistas que se acheguen a Vimianzo poderán desfrutar da comida de antano e realizar unha ruta gastronómica pola historia a través do padal.

Os locais integrados na Rede de Hostaleiros son Casa Sabina, O Retiro de Barboles, restaurantes Pastoriza, O Castillo, Vía Rápida, Celme Café, Casa Landeira, Café Bar Requeiro, Quilmes e as panaderías Sampedro, Antoxos e Pan Ignacio.

Vaixela de barro

Os comensais tamén teñen a opción de comprar a vaixela de barro de Buño na que se serven as preparacións, feita polo oleiro Fernando Cambón engadindo decoracións de cada época. O prezo das pezas é de 1 a 15€.

“Vimianzo. Do mar á terra” é unha iniciativa promovida polo Concello de Vimianzo e financiada polos fondos europeos do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte, GAC3, que busca a valorización dos produtos do mar como recurso turístico a través da recuperación da gastronomía castrexa e medieval.

15 de novembro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.