publicidade hoxe

A PAH de Salceda inicia unha campaña recaudatoria de alimentos para as familias máis necesitadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

Dende a Plaforma de Afectaddos polas Hipotecas comeza a partir de mañá ás 10:00 da mañá unha campaña recaudatoria de alimentos que ten como obxectivo facilitar alimentos ás familias máis necesitadas de Salceda.

A finalidade é que en cada supermercado exista un carriño da compra no cal se poidan depositar alimentos para ser entregados a familias que agora mesmo están a atravesar por un momento económico moi crítico.

Todas aquelas persoas que queiran cooperar, poderán realizar a súa compra habitual e engadir un alimento non perecedeiro á cesta que levará posto un cartel identificativo, tamén se porá unha cesta para que as persoas que o queiran aporten cartos para a compra no supermercado de productos frescos perecederos que se lles dará na data de entrega.

Son 10 as familias que están integradas na PAH en Salceda, que solicitaron axuda para renegociar a súa hipoteca, que con dificultade poden pagar. Na man de todos está solidarizarnos con familias que están a atravesar momentos difíciles e que dificilmente poden chegar a fin de mes. Axudarlles a conseguir bens básicos como o alimento, pode ser motivo dunha mellora na súa solvencia familiar.

18 de novembro de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.